Escoitar
SERVIZO DE FESTAS

Convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais 2013

Tras a publicación o día 02 de maio de 2013 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais realizadas no ano 2013 (aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 19 de abril de 2013), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes da antedita convocatoria. <br />

venres, 3 mai 2013
Os interesados en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réximen xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes establécese en vinte días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 03 de maio ao 22 de maio de 2013, ambos incluidos.

Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formulario está dispoñibel nos servizos de información do Concello de Vigo, nas páxinas web (www.vigo.org /vigocultura.og) e no servizo de Festas.