Escoitar

O alcalde indica que tres novas sentencias favorables avalan a "fortaleza" legal do PXOM

Tras a celebración da Xerencia de Urbanismo, o alcalde deu conta de tres novas sentencias xudiciais relativas ao Plan Xeral con resultado favorable para os intereses municipais. Por outra banda, Caballero tamén informou da cesión gratuita á Universidade de máis de 250.000 m2 de solo para a ampliación do campus.

venres, 3 mai 2013
1367594146Imagen010.jpg
Os tribunais de xustiza veñen de resolver tres recursos máis en favor do Concello contra o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. Segundo explicou Caballero, estas resolucións súmanse as decenas xa emitidas a prol da cidade e avalan a "fortaleza" legal do PXOM.

A primeiras das sentenzas desestimou un recurso contencioso administrativo interposto pola Caixa de Aforros de Madrid sobre a clasificación de terreos de Baruxáns, protexida polo PXOM e agora avalada polos tribunais. A segunda responde a unha inadmisión dun Contencioso Administrativo presentado pola Asociación de Afectados Ameixeira Alcabre e a terceira, novamente favorable aos intereses municipais, foi interposto por un tramo de vial de nova creación.

"Tres novas sentenzas favorables ao Concello", apuntou Caballero, quen recordou que os tribunais veñen respaldando a legalidade do Plan Xeral vigués en decenas de resolucións, o que sinala a "fortaleza de legalidade" do planeamento.

Universidade de Vigo
Por outra banda, Abel Caballero tamén deu conta da resolución sobre a cesión gratuita á Universidade de dúas parcelas municipais con máis de 250.000 metros cadrados, un terreo expropiado cun valor estimado en 3,9 millóns de euros. Este solo acolle ao CITEXVI e é froito da "cooperación" do goberno de Vigo coa Universidade

Rosalía de Castro
O Concello concedeu licencia de primeira ocupación a un novo edificio dos ilegalizados polos tribunais en 1997. O número dous de Inés Pérez de Ceta xa atópase "dentro da legalidade", segundo anunciou o alcalde, polo que este permiso supón "un paso máis" na "normalización" deste complexo urbanístico do centro de Vigo. Abel Caballero recordou que estas sentenzas son a "herdanza recibida" de gobernos locais anteriores.
Descargar todas as imaxes