venres, 3 mai 2013
O alcalde, Abel Caballero, mantivo este venres unha reunión cos responsables da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) tras a que anunciou a elaboración, conxuntamente coa entidade, dunha nova ordenanza de accesibilidade chamada a ser referencial a nivel estatal.
venres, 3 mai 2013
O alcalde sinalou hoxe venres ao Concello de Vigo como a administración española que máis recursos adica a políticas sociais para paliar os efectos da crise. Así o explicou durante a rolda de prensa na que deu conta da sintaura dun convenio con Foanpas por 656.039 euros. En total, avanzou, o goberno local adica 1,7 millóns de euros bolsas de comedor e libros.
venres, 3 mai 2013
Tras a celebración da Xerencia de Urbanismo, o alcalde deu conta de tres novas sentencias xudiciais relativas ao Plan Xeral con resultado favorable para os intereses municipais. Por outra banda, Caballero tamén informou da cesión gratuita á Universidade de máis de 250.000 m2 de solo para a ampliación do campus.
venres, 3 mai 2013
Trescentos nenos e nenas de catro clubs, catro colexios e as escolas deportivas municipais da cidade mostrarán este sábado as súas habilidades no pabellón de Bouzas, dentro da XXVI Festa Infantil do Kárate, que comezará ás 17:00 horas e que promete un cheo absoluto.
venres, 3 mai 2013
A Concellería de Cultura e Festas ven de asinar un convenio de colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa "Vente con Nós" do presente ano.
SERVIZO DE FESTAS
venres, 3 mai 2013
Tras a publicación o día 02 de maio de 2013 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais realizadas no ano 2013 (aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 19 de abril de 2013), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes da antedita convocatoria. <br />
venres, 3 mai 2013
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de FRESADO E ASFALTADO, a realizar pola empresa Aqualia Gestion Integral Del Agua S A , estará pechada ao tráfico a rúa TOMAS ALONSO Nº 2, con acceso exclusivo para AUTOBUSES, dende o martes 07/05/2013 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous días.