O goberno local financia a celebración de espectáculos de teatro, música e danza tradicionais pola cidade
O alcalde, Abel Caballero, e o Presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Roberto Giráldez, rubricaron este venres o convenio para a realización de 34 actuacións de música e danza tradicional polos barrios e parroquias e 6 máis de teatro afeccionado. O Concello subvenciona ambos programas con 13.500 euros.
A "Semana do Teatro Afeccionado" e o programa "Vente con Nós" deste ano serán financiados polo goberno de Vigo con 13.500 euros, en virtude do convenio asinado este venres entre o Concello e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais.
Tal e como explicou esta mañá Abel Caballero, 17 grupos artísticos -con dúas actuacións cada un- ofrecerán os seus espectáculos de danza e música tradicional polos barrios e parroquias da cidade, aos que se suman outras 6 representacións teatrais a cargo doutras tantas compañías.
Descargar todas as imaxes