Escoitar

Urbanismo valida o proxecto municipal de ceder 7 vivendas de Navia a desafiuzados hipotecarios

O Concello de Vigo ofrecerá 7 vivendas de Navia para desafiuzados hipotecarios, tal e como aprobou a Xerencia de Urbanismo hoxe venres. Unha vez publicados de xeito reglamentarios este acordo, habilitarase un periodo dun mes para presentar a solicitude no Rexistro da Xerencia.

venres, 10 mai 2013
1368185714urbanismo.jpg
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde ao programa de realoxamento transitorio de desafiuzados hipotecarios que inclúe 7 vivendas de Navia. Trátase, lembrou o rexedor, de pisos de promoción pública e titularidade municipal situadas no portal 1 do inmueble sito na rúa Teixugueiras, 17. Unha vez que se publique este acordo no BOP e no Tablón de Anuncios da Xerencia, habilitarase un prazo dun mes para solicitar as vivendas. Durante este tempo, os interesados poderán presentar as solicitudes, xunto á documentación requerida, no Rexistro da Xerencia. O aluguer será gratuíto, puntualizou, "porque queremos apoiar a estas familias que nestes momentos están atravesando tantas dificultades" e o programa terá efectos retroactivos, a partir de 2008.

Caballero sumou a estas vivendas outras 7, procedentes do convenio coa Femp e neste punto matizou que estas inicativas non menoscabarán "a batalla contra os desafiuzamentos para forzar a que ningunha entidade financeira execute desaloxo algún, "terán toda a nosa hostilidade", recalcou. Durante a rolda de prensa, o rexedor reiterou o seu compromiso de ceder un local ao colectivo de afectados por desfiuzamentos.

Por outra, banda, na sesión da Xerencia de Urbanismo desta mañá tamén se concederon 19 licenzas de obras e 4 de actividade, para un investimento de 480.696 euros.
Descargar todas as imaxes