A Policía Local de Vigo recibiu unha media de 70 chamadas ao día no ano 2012
A central de comunicacións da Policía Local recibiu ao longo do ano pasado unha media de 70 chamadas ao día. A maior porcentaxe de chamadas responde a motivos de seguidade cidadá e os días con máis inicidencias son os venres e os sábados, tal e como detallou en rolda de prensa, o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font.
A Policía Local de Vigo recibiu un total de 25.605 peticións de intervención ao longo de 2012, o que supón unha media diaria de 70 rexistros. Segundo datos que facilitou hoxe luns o edil de Seguridade, Carlos López Font, os meses de máis demanda foron maio e xuño, con 2.175 e 2.304, respectivamente. Por contra, os meses con menos solicitudes foron xaneiro e febreiro, respectivamente. A media semanal de servizos demandados foi de 2.133, concentrándose, en maior medida, as fines de semana. Concretamente, o sábado é o día con maiores incidencias, con 4.719 solicitudes, seguida dos venres, con 3.952 chamadas.
Segundo Font, no tocante á distribución horaria, o maior número de entradas telefónicas na central de comunicacións da Policía local rexístrase no turno de tarde, cun 41,52% sobre o total diario, seguido do turno de mañá, cun 33,68%. Na quenda de noite a porcentaxa baixa a un 24,79%.
Respecto dos motivos dos requerimentos, o maior número de entradas é por seguridade cidadá, con 7.420 rexistros, a continuación irían as intervencións de tráfico, con 3.865 e accidentes de tráfico, con 3.839 chamadas rexistradas no ano 2012. Os casos de violencia de xénero no ámbito familiar supuxeron 522 requerimentos, ademais de 774 intervencións por problemas veciñais. O número de servizos humanitarios demandados alcanzaron a cifra de 974 casos.
O concelleiro de Seguridade apuntou que, segundo o reparto territorial dos servizos, o maior índice de solicitudes de intervención comprende a zona das rúas Travesía de Vigo, Urzáiz, Gran Vía (atra Praza de España), Avenida de Europa, é dicir, o barrio do Calvario e aledaños, a zona do Seminario e a rúa Cantabria. O total de chamadas nesta área é de 5.794.
Descargar todas as imaxes