O alcalde insta á Xunta a asumir as súas competencias no tratamento asistencial contra as drogas
O goberno local deu luz verde ao prego de condicións para o concurso público da contratación do servizo sanitario asistencial de Cedro, cun importe de 673.913,81 euros. Así o explicou hoxe martes o rexedor nunha comparecencia na que tamén instou á Xunta a asumir o custo total do tratamento médico da drogadicción, cun importe que ascende a 1,5 millóns de euros.
O alcalde de Vigo deu conta hoxe martes da aprobación do prego de condicións para sacar a concurso público a contratación dos traballadores de Cedro que non son funcionarios, cun importe de 673.913,81 euros. Durante a súa comparecencia, lembrou que o orzamento do Plan Municipal de Drogas ascende a 1,6 millóns, dos que 100.000 corresponden a labores de prevención, asumidos na súa totalidad polo Concello.
No tocante ao tratamento asistencial, o mantemento de Cedro supón 1,5 millón de euros, dos que a administración local aportou no 2012 preto dun millón de euros, sendo unha competencia autonómica. Neste punto, o rexedor esixiu á Xunta coñecer cal vai ser a aportación deste ano para un servizo que debería financiar na súa totalidade. Explicou que, no que vai deste ano, o Concello é o que avala este orzamento "porque non sabemos qué vai aportar nun servizo que deberían financiar ao 100%, ten que asumir as súas obrigas nun tema tan sensible e importante como o tratamento médico da drogadicción", recalcou.
Descargar todas as imaxes