O Concello suma oito novos traballadores ao equipo municipal de asfaltado de viais
En declaracións ante os medios, Abel Caballero informou este martes da contratación de oito persoas para traballar na mellora do asfaltado dos viais da cidade, que hoxe están traballando en Valladares e no Zondal. En total, son 15 os profesionais dos que dispón o Concello para desenvolver esta tarefa.
Os novo oito traballadores contratados polo Concello de Vigo súmanse aos sete cos que xa contaba e conforman actualmente un equipo de quince profesionais. Durante esta xornada traballan en Valladares e no Zondal, despois de ter pasado "nos últimos días" por Lavadores e Coruxo, entre outras zonas da cidade. En próximas datas "seguiremos realizando asfaltados por toda a cidade", asegurou Caballero, "se o sol o permite".