Escoitar

O Concello impulsa unha investigación para mellorar o protocolo de actuación ante unha Reanimación Cardio Pulmonar

O alcalde visitou este mércores unha das sesións da investigación que leva adiante o Concello, xunto coa Universidade de Vigo, para mellorar o protocolo de actuación do persoal municipal ante unha Reanimación Cardio Pulmonar e incrementar así as posibilidades de supervivencia dunha vítima.

mércores, 15 mai 2013
1368634817rcp.JPG
Nas praias de Samil e Tombo do Gato, tal e como informou o alcalde, axentes da Policía Local participan nesta investigación do Concello, en colaboración coa Universidade de Vigo, sobre os protocolos de actuación ante unha RCP.

Esta iniciativa promove un traballo de avaliación dos parámetros fisiolóxicos dos axentes en relación á calidade da Reanimación Cardio Pulmonar, antes e despois do esforzo. Os obxectivos son avaliar a calidade da RCP dos axentes en contraste con adestramentos anteriores, comparala estando en reposo ou tras un esforzo intenso -para determinar o mellor protocolo de actuación a seguir- e comparar os datos obtidos dos axentes con outros estudos.
Descargar todas as imaxes