Manifesto do Consello Municipal da Muller contra a reforma da lei do aborto
O Consello Municipal da Muller, na sesión extraordinaria celebrada o mércores 15 de maio, aprobou o seguinte manifesto contra a reforma da lei do aborto.
"Opoñémonos á irresponsable modificación da lei do aborto proxectada polo Ministro de Xustiza, como unha nova inxerencia nas nosas liberdades individuais. Acusámolo de priorizar o dereito do disparate científico do concibido non nacido por riba da saúde das mulleres.
A limitación do suposto de malformación implica unha condena tamén contra o potencial ser humano condenado á marxinalidade e o sufrimento.
Criminalizar ás mulleres polo feito de interromper o embarazo , supón unha forma máis de violencia.
Consideramos que restrinxir o dereito de elección sobre un feito de tanta relevancia humana como social, como é a maternidade, non pode depender do dogma dun individuo e dun goberno, que paradoxalmente recorta en sanidade, dependencia e servicios sociais como constatamos nos últimos tempos.
A reforma proposta polo Ministro de Xustiza equipara a lexislación española á normativa máis atrasada de Europa, como é a de Irlanda ou Malta.
Calquera modificación da lei vixente que permite o dereito a interrupción voluntaria do embarazo supón non só un atranco á nosa liberdade persoal senón un atentado contra a igualdade nos dereitos das mulleres.
Polo noso dereito a decidir, pola nosa igualdade, pola nosa saúde, non á modificación da Lei de aborto".
CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER DE VIGO
15 de maio de 2013
Descargar todas as imaxes