Escoitar

O Concello adica 50.000 euros á xeración de emprego apoiando a creación de empresas

Segundo informou este luns o alcalde, o goberno local aprobou as bases e a convocatoria do Programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas, un total de 50.000 euros para subvencionar -cun máximo de 2.500 euros por empresa- parte dos gastos da posta en marcha e funcionamento dunha compañía.

luns, 20 mai 2013
1369050502Imagen005.jpg
Abel Caballero, ao remate da Xunta de Goberno Local celebrada este luns, informou da aprobación das bases e da convocatoria do Programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas, unha iniciativa dotada con 50.000 euros en total para apoiar a xeración de emprego mediante a creación de empresas.

Esta convocatoria -da Concellería de Promoción Económica e Emprego- está aberta a todos aqueles empresarios individuais e PEMES que iniciasen a súa actividade entre o 1 de abril de 2012 e o 31 de marzo do presente ano.

Servizos de praias
A Xunta de Goberno Local validou igualmente o expediente para a contratación de once quioscos nos areais vigueses, que estarán funcionando a partir do 15 de xuño. Tal e como indicou Caballero, as praias de A Punta, Santa Baia, Argazada e A ETEA contarán cun quiosco, dous haberá tanto en Tombo do Gato como no Vao e Samil terá tres quioscos.
Descargar todas as imaxes