Escoitar
<br /> NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Videofórum Roberto Vidal Bolaño

O martes 21 e xoves 23 de maio ás 19:00 h no Auditorio do Concello, con entrada gratuíta,achegarase a figura do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas,Roberto Vidal Bolaño,a través do cine e xunto coa actriz Uxía Blanco. <br />

martes, 21 mai 2013
1369126287bolano.jpg
O 21 proxectarase a película "Sempre Xonxa" e analizarase o persoeiro interpretado por Vidal Bolaño. O 23, o seu papel no filme "A lingua das bolboretas" será o que permita coñecer un pouco máis sobre este autor das letras de noso.

Ambos os dous días comezarán cunha pequena introdución, da man de Uxía Blanco, para saber un pouco máis sobre Vidal Bolaño. Ao remate dos filmes continuarase cun coloquio guiado pola mesma actriz.
Descargar todas as imaxes