Escoitar

O Concello colabora no Festival Primavera do Cine, cita de referencia no panorama cultural galego

Abel Caballero participou este xoves na Praza da Constitución na presentación da segunda edición deste evento, que este ano engade a categoría infantil ás habituais de longametraxe, curtametraxe e videoclip. O Festival dará comezo o próximo mércores, 29 de maio, e pecharase o seguinte domingo coa entrega de premios.

xoves, 23 mai 2013
1369309084cine.jpg
O Festival Primavera do Cine en Vigo, certame referencial no panorama cultural galego, celebra este ano a súa segunda edición engadindo coma novidade unha categoría infantil, que se suma ás de curta e longametraxe e videoclips.

Como adianto ás proxeccións deste ano, este sábado celebrarase un concerto na Praza da Constitución e proxectaranse os filmes gañadores da pasada edición, ademáis de organizarse unha charla coloquio sobre a situación actual do cine galego e as súas perspectivas de futuro.

O Auditorio Municipal do Concello de Vigo e o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) acollerán, coma no pasado ano, boa parte das proxeccións, ademais dunha nova sala, VigoVello, na rúa Oliva, onde se emitirán curtametraxes e videoclips.

Como actividade paralela, os cineastas máis novos poderán participar na Mostra de Cine Xuvenil, cinco producións realizadas por rapaces e rapazas de entre 12 e 20 anos procedentes de toda Galicia. Esta cita terá lugar no auditorio da Fundación Mayeusis mañá venres, 24 de maio.
1369309084cine.jpg
1369308046Primavera.JPG
Descargar todas as imaxes

Máis información