Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 23 mai 2013
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 24 DE MAIO DE 2013.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 10 de maio e a sesión extraordinaria e urxente do 15 de maio de 2013.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RCA nº 19/2011 PO interposto por Mantenimiento y Control Galaica S.L. Obxecto: Desestimación presunta de reclamación de facturas por servizos de control do apartamento do Mercado municipal de O Progreso. Estimado parcialmente o recurso.

BENESTAR SOCIAL
3.- Proxecto de convenio de colaboración coa entidade Vida Digna para o mantemento dun comedor social e dispensación de axudas de alimentos a persoas e familias en situación ou risco de exclusión social 2013-2014. Expte. 81517/301.

4.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 23/2780, 826/14, 2735/06, 853/06

CEDRO
5.- Indemnización substitutiva por importe de 57.370,92 € a favor de Eulen Servicios Sociosanitarios S.A. pola prestación dos servizo de apoio á unidade asistencial de drogodependencias CEDRO- abril 2013. Expte. 1974/315.

CONTRATACIÓN
6.- Adxudicación do procedemento aberto para a contratación do Servizo de Limpeza da Casa do Concello e demais dependencias municipais. Expte. 1316/440.

7.- Adxudicación do procedemento aberto para a contratacón do Servizo de mantemento integral dos Cemiterios municipais. Expte. 8700/255.

8.- Clasificación de ofertas para a contratación das obras e mantemento do entorno da igrexa de Zamáns. Expte. 1762/440.

9.- Corrección de erros no acordo da X.Goberno local do 22.03.13 de adxudicación da contratación da subministración de formigóns, áridos materiais de consturcción e materiais de ferretería para o taller de Fomento do Concello de Vigo. Expte. 65970/250.
10.- Devolución de garantía a MDC Ingeniería S.L. constituída pola subministración dunha máquina limpiapraias. Expte. 4471/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
11.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Universidade de Vigo, para a realización de Programación conxunta de exposicións na Casa Galega da Cultura. Expte. 305/341

12.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Cultura e Bibliotecas durante o mes de abril de 2013. Expte. 14249/331.

13.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Festas durante o mes de abril de 2013. Expte. 5047/335.
14.- Subvención nominativa mediante un convenio entre o Concello de Vigo e a Asociación Orquesta 430 para o desenvolvemento do Programa Sinfónico de Primavera 2013. Expte. 14167/331.

DEPORTES
15.- Proxecto de convenio entre a Concellería de Deportes e a Federación Galega de Atletismo para a dinamización deportiva nas pistas municipais de atletismo de Balaídos. Expte. 12035/333.

16.- Proposta de autorización á Entidade Vigo Extreme para levar a cabo, xunto coa Concellería de Deportes, o "Programa municipal de rutas urbanas de patinaxe". Expte. 12184/333.

17.- Proposta de autorización á Agrupacón de Xovenes Atletas para organizar a II Carreira Popular da Cereixa o vindeiro 2 de xuño. Expte. 12141/333.

18.- Proposta de autorización á Asociación de Veciños Cristo da Victoria para organizar a "V Marathon Infantil de Coia" o vindeiro 2 de xuño. Expte. 11947/333.

19.- Proposta de autorización á Escudería Rías Baixas para organizar a 49ª Edición Rallye Internacional Rías Baixas-Campeonato de España, os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño. Expte. 12080/333.

EMPREGO
20.- Solicitude de cualificación como Iniciativa Local de Emprego (ILE) da empresa "CLIMBBU S.L.". Expte. 9810/77.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
21.- Indemnización substitutiva por importe de 8.198,29 € a favor de IMESAPI S.A. pola prestación do Servizo de Conserxería e Atención ao público nos centros cívicos- abril 2013. Expte. 2826/321.

RECURSOS HUMANOS
22.- Reclamación previa á vía xurisdicional laboral formulada por Dª. Susana Bernández Fernández e outras. Expte. 24051/220.

23.- Complemento de produtividade por conducir maquinaria pesada do persoal do Parque Móbil correspondente ao 1º trimestre 2013. Expte. 24035/220.

24.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 24 de maio de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 22 de maio de 2013.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.