Escoitar

Caballero invita a animar ao Celta Indoor para conseguir ante o Real Madrid o pase ás semifinais

O alcalde de Vigo presentou este xoves o encontro da Liga Indoor de cuartos de final que enfrontará, ás 20:45 horas de mañá no Pavillón das Travesas, ao Real Club Celta de Vigo e ao Real Madrid. As entradas costan 5 euros, 3 euros para os socios e peñistas do club e de balde para menores de 12 anos.

xoves, 23 mai 2013
1369313769indoor.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este xoves o seu recoñecemento e felicitación ao Real Club Celta por conseguir o acceso aos cuartos de final da Liga de Fútbol Indoor, partido que se disputa mañá venres, as 20:45 horas, no Pavillón das Travesas.

As entradas, á venda nos puntos de distribución habituais e nas taquillas do pavillón, teñen un prezo de 5 euros para o público xeral, 3 euros para os socios e peñistas do RC Celta de Vigo e de balde para os menores de 12 anos.

O equipo indoor do Real Club Celta de Vigo certificou hai dúas semanas o seu pase ao play-off tras o empate conseguido ante o Real Valladolid, punto que levou aos celestes á seguinte rolda a costa do RC Deportivo da Coruña, eliminado na fase de grupos.

Xunto ao encontro que disputan mañá o Real Club Celta de Vigo e o Real Madrid, as outras eliminatorias enfrontarán ao Real Valladolid co RCD Espanyol, ao Porto co Fútbol Club Barcelona, e ao Málaga co Valencia.

Abel Caballero presentou hoxe xoves o encontro no Concello, xunto a Moncho Carnero, adestrador, Jorge Otero, xogador, José Fernando Rodilla, vicepresidente, e Marcos Álvarez, da empresa organizadora Diesemm.
Descargar todas as imaxes