Escoitar

Unha delegación turca achégase a Vigo para coñecer o sistema municipal de limpeza

Abel Caballero destacou hoxe venres que unha delegación turca de Pendik, un distrito de Estambul de 650.000 habitantes, estivo en Vigo interesada no sistema de recollida de sólidos e limpeza da cidade. Estes responsables políticos, que mantiveron encontros co propio alcalde, os tenente de alcaldes e persoal municipal, "fixeron unha valoración excepcional" do funcionamento deste servizo municipal, "na cidade máis limpa de España, escoba de platino desde hai seis anos", dixo o rexedor.

venres, 24 mai 2013