Escoitar

O Concello convenia con Citroën Vigo a contratación de 55 persoas durante un ano

Abel Caballero amosou este venres a súa "gran satisfacción" polas contratacións realizadas pola factoría de Balaídos para reforzar o seu turno de noite, e recordou que o Concello de Vigo e PSA asinaron este ano un convenio de colaboración que permitiu a contratación de 55 persoas, dentro do Plan de Emprego municipal.

venres, 24 mai 2013
O alcalde explicou que o convenio deste ano, vencellado á creación de postos de traballo, ascende a 350.000 euros, 200.000 euros máis dos consignados ao efecto no pasado 2012. En virtude deste acordo, a factoría de Balaídos contratou durante un ano a 55 persoas, como "parte do proxecto de xeración de emprego" do goberno de Vigo, asegurou.