Pleno da Corporación
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 6
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día VINTE E SETE de MAIO de 2013, ás 9,00 HORAS, no salón de Plenos deste Concello.
PARTE RESOLUTIVA
1.- Actas anteriores: sesión ordinaria e extraordinaria do 25 de marzo de 2013.
2.- Declaracións institucionais.
2.1.- Declaración institucional do Pleno do Concello de Vigo en solidariedade cos traballadores e traballadoras da mercantil PESCANOVA S.A. Expte. 660/1101.
3.- Ditames das comisións informativas:
XESTIÓN MUNICIPAL E MOBILIDADE
3.1.- Dar conta do acordo da Xunta Reitora da Escola Municipal de Artes e Oficios de adhesión ao acordo regulador do Fondo de Acción Social do Concello de Vigo. Expte. 1177/13 (651/1101).
ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.2.- Dar conta do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigacións previstos na lei de contratos correspondentes ao 1º trimestre do ano 2013. Expte. 7244/540 (650/1101).
3.3.- Aprobación inicial da modificación orzamentaria nº 22/2013, Suplemento de crédito, para facer fronte á amortización extraordinaria dos préstamos concertados nos anos 2011-2012. Expte. 102161/140 (648/1101).
4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.
5.- Mocións:
5.1.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular, instando ao Ministerio de Xustiza do Goberno de España que na redacción da Lei de Demarcación e Planta Xudicial se respecte Vigo como partido Xudicial. Expte. 654/1101.
5.2.- Moción do grupo municipal do Partido Socialista, instando á Consellería de Sanidade e ao Sergas en relación coas listas de espera. Expte. 425/1101.
5.3.- Moción do grupo municipal do Partido Socialista, instando ao Goberno do Estado manter a permanencia de Vigo como Partido Xudicial. Expte. 657/1101.
5.4.- Moción do grupo municipal do Partido Socialista, instando Consellería Traballo e Benestar da Xunta de Galicia a adicar políticas activas de emprego na cidade en función da súa poboación e número de desempregados, eliminando o teito fixado para os plan de cooperación. Expte. 658/1101.
6.- Asuntos ou mocións urxentes.
PARTE DE CONTROL
1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.
1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.
1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.
1.3.- Dar conta do decreto da Alcaldía, de data 25.04.2013, sobre a delegación no concelleiro de Fomento da dirección técnica e política, xestión, seguimento e tramitación do expediente "Investimentos de mellora no patrimonio municipal". Expte. 655/1101.
1.4.- Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 23.05.2013, referente ao cesamento de Dª Olga Alonso Suárez como membro da Xunta de Goberno Local e nomeamento de D. Santos Hector Rodríguez Díaz. Expte. 661/1101.
1.5.- Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 23.05.2013, referente á modificación no decreto de delegación de competencias da Área de Educación (cesamento de Dª Olga Alonso Suárez e nomeamento de D. Santos Hector Rodríguez Díaz). Expte. 662/1101.
2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.
3.- Comparecencias de membros da Corporación.
4.- Mocións.
4.1.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular, instando crear unha bolsa e un Boletín de Emprego Municipal para facilitar a intermediación entre as empresas e os/as posibles traballadores/as. Expte. 619/1101.
4.2.- Moción do grupo municipal do Partido Popular, instando ao goberno municipal a recuperación do Dia da Muiñeira, Ensalzamento do traxe galego e Mostra do traxe galego e apoio do baile e a danza tradicional de Galicia. Expte. 652/1101.
4.3.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a demandar da Fundación Novacaixagalicia información das súas propiedades, actividades e postos de traballo na nosa cidade e as accións previstas a curto e medio prazo. Expte. 653/1101.
4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.
5.- Formulación de rogos.
6.- Formulación de preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás 9,00 HORAS do día VINTE E SETE DE MAIO, para resolver os asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 23 de maio de 2013
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.