Escoitar

Caballero subliña que Vigo se sitúa en 2013 á cabeza das cidades españolas en praias con bandeira azul

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) concedeu as nove distincións que solicitou este ano o Concello de Vigo para os seus areais, un número que supera os oito de Cartagena e Barcelona e posiciona a Vigo como a gran cidade española cun maior número de bandeiras azuis.

venres, 24 mai 2013
1369410820alcalde.JPG
O alcalde revelou que é un "logro moi importante" que fala da "gran dedicación" do goberno local no referente ás praias viguesas, pois os requisitos demandados por ADEAC para a concesión desta distinción son "esixentes", medindo durante anos a calidade da auga, a limpeza, a accesibilidade, o socorrismo e o control medioambiental. Para Abel Caballero, que Vigo sexa a gran cidade española co maior número de bandeiras azuis é "un dos elementos a exhibir para chamar ás cualidades de Vigo como atracción turística".

Fortiñón, Canido, O Vao, Fontaíña, Argazada, Tombo do Gato, A Punta, Rodas e Figueiras, estas dúas últimas en Cíes, teñen este ano bandeira azul. No ano 2007, o número praias recoñecidas con esta máxima distinción foi de sete. Por outra banda, Vigo mantén outra distinción mediambiental moi destacada que lle foi outorgada o pasado ano: o recoñecemento como sendeiro azúl do cordón verde que une o Lagares con Bouzas e Canido.
Descargar todas as imaxes