O Concello abona aos proveedores en 34 días de media, "a administración que mellor paga"
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, asegurou este luns no Pleno da Corporación que o Concello de Vigo paga as súas facturas nunha media de 34 días, cando a Xunta de Galicia o fai en 69, a Deputación en 70 e o Goberno de España en 78 días.
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, presentou este luns ante o Pleno da Corporación o informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas previstos na lei de contratos correspondentes ao 1º trimestre do ano 2013.
Díaz recordou que, no ano 2007, a media de pago no Concello de Vigo situábase en 50 días e hoxe está en 34. A edil asegurou que "somos a administración que mellor paga", e aludiu aos prazos doutras entidades públicas para sustentalo. Indicou que a Xunta de Galicia admitiu ter facturas pendentes, o seu informe oficial certifica que paga en 69 días e o obxectivo de Núñez Feijóo é chegar aos 40 días de media.
A concelleira apuntou que o propio interventor da Deputación de Pontevedra establece que o organismo provincial abona aos seus proveedores en 70 días de media, mentres que o Goberno de España paga en 78 días. Citou Díaz o exemplo do Ministerio de Administracións Públicas, que fai efectivas as súas facturas en 1.153 días.
O grupo municipal do PP denuncia "mala xestión económica" por parte do goberno vigués, quen supera en 4 días o límite legal vixente para o pago das obrigas. Raquel Díaz concluíu que a meta do Concello de Vigo é rebaixar o prazo medio de pago aos 30 días que agora establece a lexislación como tope.