Escoitar

A unanimidade do Pleno avoga por recuperar a celebración do Día da Muñeira

O Partido Popular presentou hoxe luns unha moción na que solicita que se recupere a celebración do Día da Muñeira, unha petición que atopou o respaldo do resto dos grupos políticos.

luns, 27 mai 2013
Todos os grupos políticos aprobaron hoxe luns unha moción na que solicitan a recuperación da celebración do Día da muñeira, Ensalzamento do traxe galego e a Mostra do traxe galego. O texto, defendido polo concelleiro popular Roberto Relova, aboga porque o goberno municipal apoie a candidatura do baile e a danza tradicional de Galicia como patrimonio inmaterial da humanidade ante a Xunta de Galicia.