Escoitar

Todos os grupos coinciden en demandar información sobre a Fundación Novacaixagalicia

BNG, PSOE e PP acordaron hoxe luns demandar da Fundación Novacaixagalicia información detallada sobre as súas propiedades, actividades e postos de traballo. O obxectivo é constituír unha fronte común na defensa do Patrimonio da Fundación en Vigo.

luns, 27 mai 2013
A unaminidade do Pleno decidiu esta mañá instar ao alcalde a demandar da Fundación Novacaixagalicia información detallada sobre as súas propiedades, actividades e postos de traballo na nosa cidade e as accións previstas a curto e medio parazo. Tal e como se aprobou, a moción nacionalista solicita ao rexedor que traslada eses datos a todos os grupos para constituír unha fronte común de defensa do patrimonio da Fundación en Vigo e que este revirta na cidadanía.