mércores, 29 mai 2013
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi hoxe mércores o encargado de dar lectura ao manifesto a favor das persoas con esclerose múltiple, nun acto organizado pola Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (Avempo). En rolda de prensa, o rexedor destacou a "cooperación permanente" do Concello con este colectivo que hoxe colocou unha mesa informativa na Lonxa do Concello.
mércores, 29 mai 2013
O Auditorio Municipal acolleu hoxe mércores as útimas representacións das IV Xormadas municipais de teatro escolar, que comezaron o pasado 21 de maio. Un total de 400 alumnos de 15 centros de educación primaria compartiron escenario cos grupos de nenos e negas da Escola Municipal de Teatro.
mércores, 29 mai 2013
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este mércores a semana de actividades coa que o goberno local quere conmemorar o 5 e 8 de xuño, os días do Medioambiente e dos Océanos, respectivamente. O sábado ábrese o programa cunha xornada na praia da Fonte.
mércores, 29 mai 2013
A "Asociación de Amas de Casa e Consumo Agarimo" recibirá 13.000 euros do Concello froito dun convenio de colaboración que esta mañá asinou a súa presidenta, Ana Gil Lodeiro, co alcalde de Vigo. Esta aportación ten por obxectivo axudar ao finanzamento dos gastos mantemento e as actividades que esta entidade organizará neste ano 2013.
mércores, 29 mai 2013
Abel Caballero e o presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, Carlos Rodríguez Bernárdez, asinaron un convenio de colaboración por 18.000 euros para financiar os Obradoiros paralelos, sesións de estimulación cognitiva dirixida a enfermos e familiares. O Concello, ademais, cede a esta entidade un local en Rivera Atienza e outro no Centro Cívico do Casco Vello.