Escoitar

O goberno local sufraga con 18.000 euros obradoiros para enfermos e familiares de Afaga

Abel Caballero e o presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, Carlos Rodríguez Bernárdez, asinaron un convenio de colaboración por 18.000 euros para financiar os Obradoiros paralelos, sesións de estimulación cognitiva dirixida a enfermos e familiares. O Concello, ademais, cede a esta entidade un local en Rivera Atienza e outro no Centro Cívico do Casco Vello.

mércores, 29 mai 2013
1369828469afaga.JPG
Descargar todas as imaxes