xoves, 30 mai 2013
O alcalde, Abel Caballero, asinou na mañá deste xoves un convenio con María Isla Avón, presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, polo que o goberno local achega 16.000 euros para o programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauis por familias viguesas.
xoves, 30 mai 2013
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e tres adestradoras das escolas municipais presentaron este xoves unha nova edición da Festa da Rítmica, coa actuación na mañá do sábado de máis de 800 participantes e máis de 60 grupos de ximnastas.
xoves, 30 mai 2013
O piloto de Valladares Alberto Meira e o seu copiloto, David Vázquez, visitaron hoxe xoves a Praza do Rei co vehículo co que competirán este ano no Rali Rías Baixas. Coa súa vitoria en 2012, Meira converteuse no primeiro vigués en gañar este evento do motor desde 1991.
xoves, 30 mai 2013
A Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, organiza Obradoiros Infantís nos Centros Cívicos da cidade de "Internet Educativo para Nenos e Nenas" en horario de mañá, de 10:30 a 12:30, ó longo do mes de xullo de 2013.