A XVI edición da Festa da Rítmica encherá o próximo sábado o pavillón das Travesas
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e tres adestradoras das escolas municipais presentaron este xoves unha nova edición da Festa da Rítmica, coa actuación na mañá do sábado de máis de 800 participantes e máis de 60 grupos de ximnastas.
Na mañá do próximo sábado, 1 de xuño, terá lugar a décimo sexta edición da Festa Día da Rítmica na pista central do Pavillón das Travesas, evento que cada ano enche o aforo e que forma parte da programación municipal das escolas deportivas.
Máis de 800 ximnastas e máis de 60 grupos participarán, con 20 monitores responsables, nesta gran festa da ximnasia rítmica, "un dos grandes eventos deportivos da cidade", en verbas de Abel Caballero. En total, agárdase que pasen polo recinto unhas 2.000 persoas ao longo do mañá do sábado.
Nesta cita estarán representadas todas as escolas deportivas do programa municipal e colexios como o Carrasqueira, o Chouzo, o Apóstol, o Teis-Frián, o Mestres Goldar, o Celso Emilio Ferreiro, Pintor Laxeiro...
Descargar todas as imaxes