Escoitar

Caballero estima que "en tres ou catro días" estará rematada a obra e normalizado o tráfico no túnel de Beiramar

O alcalde anunciou hoxe mércores que mañá dará comezo a obra de aseguramento da parede curvada do túnel de Beiramar, traballos que poderán rematarse "en tres ou catro días" para despois restablecer o tráfico rodado con normalidade e estudar en detalle as causas do acontecido.

mércores, 29 mai 2013
Abel Caballero recordou que o paso soterrado non presenta dano estrutural e foi unha cuberta de ladrillo caravista á que se curvou, posiblemente por efecto da xunta de dilatación. Os traballos garantizarán a seguridade no túnel e permitirán estudar as causas do acontecido e dirimir responsabilidades.