400 alumnos participaron nas IV Xornadas municipais de teatro escolar
O Auditorio Municipal acolleu hoxe mércores as útimas representacións das IV Xormadas municipais de teatro escolar, que comezaron o pasado 21 de maio. Un total de 400 alumnos de 15 centros de educación primaria compartiron escenario cos grupos de nenos e negas da Escola Municipal de Teatro.
O alcalde de Vigo eloxiou hoxe mércores "a naturalidade e capacidade de actuación" dos participantes nas Xornadas municipais de teatro escolar que este ano alcanza a súa cuarta edición. Máis de 400 novos actores e actrices, de 15 centros de educación primaria, representaron as súas obras de teatro, xunto con alumnos da Escula Municipal de Teatro.
Esta xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e entorno. Cada un dos centros de ensino participantes, ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito comparte co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso. Tal e como explicou o rexedor, estes grupos de teatro escolares van actuando ao longo do curso en distintos centros educativos e, ao final, todos se xuntan nestas xornadas.
Ao longo do periodo no que se organizan estas IV Xornadas municipais de teatro escolar, o Concello, pon ao alcance dos centros educativos participantes un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. A diferenza doutras iniciativas, como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares, como da plasmación final en formato obra de teatro por parte dos escolares.
Coa continuación por cuarto ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional e afeccionado.