Escoitar
ANUNCIO DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO<br />

CONVOCATORIA PARA O ANO 2013 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN<br />

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 10/05/2013, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2013 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN", no ámbito dos programas de apoio á inserción laboral, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 100 de 27 de maio de 2013.

venres, 31 mai 2013
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas empresas e entidades distintas da administración pública, que contrataran "Persoas desempregadas empradoadas no municipio de Vigo para prestar servizos no mesmo, a tempo completo ou parcial, en calquera das modalidades contractuais vixentes, agás o contrato en prácticas e o contrato do Servizo do fogar familiar, cunha duración mínima de 3 meses; incrementándose a cuantía da axuda ao pertencer ao colectivo de mulleres, persoas con discapacidade, parados de longa duración, persoas menores de 30 anos ou maiores de 45 anos, persoa pertencente a colectivo en risco ou situación de exclusión social, primeiro empregado/a da empresa e/ou participantes dalgún dos programas da concellería." As subvencións establecidas nesta convocatoria poderán afectar ás contratacións que, reunindo os requisitos establecidos nas bases reguladoras, se formalizasen no período comprendido entre o 1 de maio de 2012 e ata o 31 de abril de 2013.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais que se contarán a partir do día seguinte a data de publicación no BOP.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, ao "Programa de axudas municipais á contratación".

INFORMACIÓN:
Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado.
Praza do Rei, 1 – 4ª planta.
Tfno.: 986 810 232 / 986 810 304
As bases reguladoras das axudas e os anexos para a solicitude, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado e na web: www.vigo.org.