O alcalde recibe as chaves do Pazo Raposeira que se adicará a fins sociais ou culturais
O Concello de Vigo xa ten as chaves do Pazo Raposeira que, pasa deste xeito, a ser patrimonio municipal. O alcalde apuntou en rolda de prensa que esta edificación data do século XVII e está ubicado en San Pedro de Sárdoma.
Abel Caballero recibiu hoxe luns as chaves do Pazo Raposeira nunha reunión na que tamén estivo presente a concelleira de Cascos Históricos, Carmela Silva. Ubicado en San Pedro de Sárdoma, a edificación é do século XVII e a súa cesión enmárcase dentro do convenio para construir o hipermercado da Avenida de Madrid, no ano 1986, aínda que a dona tivo dereito de usufructo mentras viviu. Tal e como lle transmitiron ao rexedor os familiares, nos últimos meses o pazo sufriu algún deterioro por hurtos, xa que levaba algún tempo sen habitar.
A Raposeira é un dos 7 pazos catalogados no PXOM xunto co de Castrelos, A Pastora, San Roque, Rivera Atienza, As Grades e Moláns.
Descargar todas as imaxes
A Raposeira é un dos 7 pazos catalogados no PXOM xunto co de Castrelos, A Pastora, San Roque, Rivera Atienza, As Grades e Moláns.