martes, 4 xuñ 2013
O rexedor instou de novo ao presidente da Xunta a convocar ao ministro de Industria, aos alcaldes de cidades afectadas pola crise do naval -especialmente ao Vigo- e aos líderes da oposición en Galicia para facer un "frente común" en Bruxelas. O obxectivo é trasladarlle ao comisario europeo da Competencia que "non imos tolerar devolucións", engadiu.
martes, 4 xuñ 2013
Abel Caballero presentou hoxe martes Vigo Shopping Night, unha iniciativa comercial que o próximo venres, 7 de xuño manterá abertos 21 establecementos do centro ata a medianoite. Haberá descontos e animación na rúa desde as 19,00 horas ata as 02,00 da madrugada.
martes, 4 xuñ 2013
O alcalde recibiu este martes ao Presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, e aos adestradores e capitáns do primeiro equipo e dos xuvenís, polos éxitos colleitados na presente tempada. Caballero subliñou que "esta permanencia nos soubo a ascenso a todos" a o subcampionato estatal dos xuvenís "sabe a Champions".
martes, 4 xuñ 2013
Abel Caballero participou hoxe martes na inauguración do tradicional mercadiño artesanal "De boa man" instalado na rúa Príncipe. Dez centros de discapacitados mostrarán os seus productos artesanais durante os próximos días.
martes, 4 xuñ 2013
O Concello de Vigo cooperará na organización do paso da 34º edición da carreira ciclista Gran Premio Abimota-Rexión de Abeiro o próximo sábado día 8 de xuño. A nosa cidade albergará a chegada da primeira etapa desta volta, que atravesará García Barbón e Policarpo Sanz para rematar na Porta do Sol.
martes, 4 xuñ 2013
Esta proposta de educación en valores é unha testemuña gráfica do importante compromiso e legado destas docentes na transformación social do noso país a través da educación. Terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro xoves 6 de xuño ás 19,00 hs, baixo a modalidade de acceso do público con entrada libre ata completar o aforo.
martes, 4 xuñ 2013
O mercores finaliza o prazo para inscribirse no obradoiro gratuíto "XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE" organizado pola Concellería de Igualdade .<br />