Caballero reitera a necesidade de facer un "frente común" para defender o naval en Bruselas
O rexedor instou de novo ao presidente da Xunta a convocar ao ministro de Industria, aos alcaldes de cidades afectadas pola crise do naval -especialmente ao Vigo- e aos líderes da oposición en Galicia para facer un "frente común" en Bruxelas. O obxectivo é trasladarlle ao comisario europeo da Competencia que "non imos tolerar devolucións", engadiu.
O alcalde de Vigo reiterou hoxe martes que a industria naval é o corazón da cidade, insistindo en que "o Vigo que queremos é o Vigo do naval". Esa foi a mensaxe que lle volveu trasladar ao presidente da Xunta a quen, unha vez máis, instou a convocar un "frente común" para defender o tax lease en Bruxelas. Neste punto, avanzou a súa vontade de acudir a unha convocatoria na que tamén terían que estar o ministro de Industria, o resto de alcaldes implicados, máis os líderes da oposición de Galicia. A continuación, dixo, tamén deberían integrarse os presidentes de Asturias, Pais Vasco e Andalucía.
Co obxectivo de "trasaladar que non imos aceptar devolucións", abogou por visitar todos xuntos ao comisario europeo da Competencia, Joaquín Almunia porque "nos asiste o dereito e a confianza lexítima", engadiu.
Descargar todas as imaxes
Co obxectivo de "trasaladar que non imos aceptar devolucións", abogou por visitar todos xuntos ao comisario europeo da Competencia, Joaquín Almunia porque "nos asiste o dereito e a confianza lexítima", engadiu.