Escoitar

O Concello coopera coa asociación Centro Príncipe na posta en marcha de Vigo Shopping Night

Abel Caballero presentou hoxe martes Vigo Shopping Night, unha iniciativa comercial que o próximo venres, 7 de xuño manterá abertos 21 establecementos do centro ata a medianoite. Haberá descontos e animación na rúa desde as 19,00 horas ata as 02,00 da madrugada.

martes, 4 xuñ 2013
1370347191shopping.JPG
O próximo venres 7 de xuño 21 comercios do centro de Vigo abrirán as súas portas ata a medianoite con descontos especiais. Así o avanzou hoxe martes o rexedor durante unha rolda de prensa cos organizadores da iniciativa, a asociación comercial Centro Príncipe. Caballero animou a toda a cidanía a achegarse ás rúas Príncipe e Urzáiz durante o Vigo Shopping Night xa que contarán con actividades lúdicas desde as 19,00 ata as 02,00 horas da madrugada. Ambientación musical, bailes de salón, moderno e contemporáneo, ademais de aperitivos e cocktails son só algunhas posibilidades que se poderán disfrutar nesta xornada. Caballero confiou en que a xente acuda a gozar deste centro comercial aberto, que estará decorado de xeito especial, para comprar a bo prezo.

Pola súa banda, o presidente de Centro Príncipe, Cándido Rial, trasladou a súa ilusión na posta en marcha de Vigo Shopping Night porque "é algo novo e creemos que pode ter moito impacto", avanzou.
Descargar todas as imaxes