Escoitar

O alcalde recibe o "apoio absoluto" de colectivos veciñais, culturais e deportivos á concentración por Peinador

Abel Caballero mantivo este martes a primeira reunión con colectivos despois de facer pública a convocatoria dunha concentración cidadá, ás 20:30 horas do 19 de xuño na Porta do Sol, en defensa do aeroporto de Vigo. Entidades veciñais, culturais e deportivas avalan a posición aeroportuaria do alcalde, segundo indicou.

martes, 4 xuñ 2013
1370347146peinador.JPG
O alcalde transmitiu aos colectivos a situación actual de Peinador, con "pouca competitividade debido á competencia desleal" producida polos apoios de institucións públicas a compañías para que operen en Santiago e Coruña -ademais de en Oporto- e non no aeroporto de Vigo.

A análise foi recibida con "apoio absoluto e total" polas entidades, quen ven "imprescindible" que a cidade se mobilice na defensa de Vigo e da súa terminal aérea, porque "moito se xoga Vigo na defensa do seu aeroporto".

Abel Caballero recordou que, na conexión de Vigo con Madrid, "pasamos dos modernos reactores do século XXI aos avións de hélices dos anos 80", debido aos apoios públicos recibidos pola compañía Air Europa para volar desde A Coruña. O alcalde responsabiliza a Feijóo de non dar apoios a Peinador e prohibir ao PP vigués apoiar a concesión de axudas desde o Concello para Peinador. Concluíu Caballero que "a cidade enteira vai sair á rúa o día 19".
Descargar todas as imaxes