Escoitar

O alcalde chama á cidadanía a participar nunha "gran concentración" en defensa do aeroporto

O próximo mércores 19 de xuño todo Vigo está emprazado a participar nunha concentración en defensa do aeroporto de Vigo organizada á partir das 20,30 horas na Porta do Sol. Así o anunciou hoxe luns Abel Caballero, quen engadiu que Peinador "é un elemento central do futuro de Vigo".

luns, 3 xuñ 2013
1370261904concejales.JPG
Abel Caballero fixo hoxe luns un chamamento a toda a cidadanía para acudir a unha "gran concentración" en defensa do aeroporto de Vigo. O acto está programado para o mércores 19 de xuño, na Porta do Sol, a partir as 20,30 horas. Tal e como explicou en rolda de prensa, Peinador "é un elemento central do futuro de Vigo, da economía, da industria e do emprego". Segundo engadiu, esta chamada atende á multitude de peticións cidadáns que lle reclamaron accións para que toda a cidade se pronuncie sobre "os ataques continuados ao aeroporto da cidade".
Descargar todas as imaxes