Escoitar

O Concello coopera co CSIC na organización de Obradoiros de Ciencia Mariña na rúa Príncipe

A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, coopera co Instituto de Investigacións mariñas na posta en marcha dunha iniciativa de divulgación científica mañá venres na rúa Príncipe, coincidindo coa celebración o día 8 de xuño do Día Mundial dos Océanos. Esta iniciativa se suma a outras dúas postas en marcha desde o Concello: unha marcha nocturna desde Canido ata Samil percorrendo as praias e un acto con escolares na praia do Vao.

xoves, 6 xuñ 2013
1370520261chus.JPG
A rúa Príncipe se convertirá mañá venres no escenario dunha iniciativa de divulgación científica coincidindo coa celebración o día 8 do Día Mundial dos Océanos. O Concello de Vigo coopera co Instituto de Investigacións Mariñas na organización de oito Obradoiros de Ciencia Mariña para achegar a investigación científica ao público dun xeito entretenido e riguroso, á vez. Tal e como explicou Eva Balsa, vicedirectora do Instituto de Investigacións Mariñas, organizaránse xogos e experimentos para que os asistentes coñezan algúns dos traballos que se realizan no centro. Os obradoiros están dirixidos ao público en xeral e son gratuítos. Terán lugar mañá venres, en horario de mañá (de 11,00 a 14,00 horas) e tarde (de 18,00 a 21,30 horas).

Pola súa banda, a concelleira apuntou que esta iniciativa súmase a outras postas en marcha pola Concellería de Medio Ambiente, como a presenza de 520 nenos e nenas onte, mércores, na praia do Vao para coñecer de mans dun equipo de biólogos os traballos de recuperación do areal que se están a executar. Outra das actividades organizadas con motivo do Día Mundial dos Océanos é unha marcha nocturna que se celebrará o sábado día 8 desde a praia de Canido ata Samil, pasando por todos os arenais. O punto de encontro será ás 20,30 horas na Praza do Rei e as inscripcións poden realizarse a través do teléfono 010.

Detalles
A través dos obradoiros organizados mañá, os asistentes coñecerán os procesos que afectan á formación das correntes mariñas, os metais e as criaturas microscópicas que hai na auga do mar e que a simple vista non se advirten; e o método de cultivo e ciclo de vida dos cabaliños de mar.

Tamén, mediante un xogo interactivo, descubrirán o percorrido que segue un pez desde a súa chegada á unha empresa de conservas ata a súa comercialización; a problemática do etiquetado e a trazabilidade nos produtos da pesca e aspectos vencellados coa seguridade alimentaria.
Descargar todas as imaxes