Escoitar

Caballero subliña que a Fundación Provigo está saneada pola acción do Concello e os privados

O alcalde presidiu este mércores a reunión do Padroado da Fundación, cita tras a que indicou que Provigo está nunha situación saneada grazas ao Concello e ás entidades privadas, tras o "problema" derivado do abandono da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Porto de Vigo.

mércores, 5 xuñ 2013
1370433000provigo.JPG
Abel Caballero indicou que a Fundación está actualmente en situación de "estabilidade" e con "superávit". Garantir que Provigo fora "viable" era a primeira cuestión a garantir, explicou, tras o "problema" acontecido co abandono da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Autoridade Portuaria deste organismo vigués.

O Padroado valorou as dúas xornadas realizadas sobre a situación económica e industrial da área viguesa e acordou celebrar outras dúas, unha sobre o ámbito comercial e hosteleiro e unha segundo para a "determinación estratéxica" do futuro dos principais sectores da cidade, segundo informou o alcalde.

Por outra banda, Caballero afirmou que os membros da reunión mantiveron un "intercambio de opinions sobre a demanda de investimentos neste momento en Vigo, para constatar de forma común que vemos con enorme satisfacción, todos os membros da Fundación, o intento, ímpetu e impulso de entidades de fóra de Vigo que veñen a facer investimentos importantísimos na cidade".

Singularmente, aseverou, o Padroado ve con "satisfacción" que Eurofund -interesada en construir un gran centro de ocio en Cabral- quera investir en Vigo por ser unha "inxección de optimismo e financeira importante" na cidade.
Descargar todas as imaxes