Escoitar

O Concello celebra o Día do Medioambiente cunha actividade no Vao con máis de 500 escolares

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, participaron este mércores na actividade organizada polo goberno local para conmemorar o Día do Medioambiente. Os escolares dos oito colexios presentes aprenderon sobre os océanos, os sistemas dunares a zona intermareal.

mércores, 5 xuñ 2013
1370432960playa.JPG
Esta xornada, celebrada esta mañá no Vao para 515 alumnos e alumnas de entre terceiro e quinto de Primaria, forma parte da semana de actividades organizada polo Concello de Vigo para celebrar o Día do Medioambiente e o Día dos Océanos, o 5 e 8 de xuño, respectivamente.

Segundo revelou Caballero, participou hoxe alumnado dos centros Ría de Vigo, Escultor Acuña, Frián-Teis, O Pombal, García Barbón, Pintor Laxeiro, Emilia Pardo Bazán e Doutor Fleming. Sobre o terreo, os nenos e nenas recibiron información sobre os océanos, a zona intermareal e os sistemas dunares, ademais de baixar ao mar para facer unha solta simbólica de especies.

A semana de accións preparada polo goberno local para conmemorar os dias do Medioambiente e dos Océanos deu comezo o pasado sábado na praia de Tombo do Gato, cun acto aberto ao público no que participaron decenas de voluntarios municipais. O mesmo sábado tivo lugar dous percorridos do "Camiño a Camiño": unha ruta nocturna polo Galiñeiro -coa asistencia dunhas 300 persoas- e outro percorrido polos Ancares.
Descargar todas as imaxes