Xornadas de toponimia
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello, coa colaboración da Comunidade de Montes de Zamáns, a Asociación Veciñal San Mamede de Zamáns e o Instituto de Estudos Miñoranos organizan unhas s xornadas sobre toponimia os días 7 e 8 de xuño no Verbum e Zamáns.
O obxectivo das xornadas son p debater, coñecer e informarse sobre o traballo que dende estas institucións estase a desenvolver cara a recuperar, pór en valor e difundir a toponimia do val do Fragoso, a toponimia viguesa.
No Concello de Vigo contase coa colaboración das comunidades de montes en man común de Cabral, Candeán, Comesaña e Zamáns, e a Entidade Menor de Bembrive.
Grazas á recollida de toponimia estase recuperando parte da nosa historia, ampliando coñecementos sobre o noso pasado, sobre a nosa lingua, lendas, ditos, costumes… e da voz de quen viviu.
Remataranse as xornadas cunha contada sobre toponimia, a cargo de Avelino González, e mais un xantar e un percorrido no parque forestal de Zamáns.