O Plan de Emprego do Concello permitiu a formación e contratación de 100 persoas na hostelería
O alcalde fixo entrega este xoves dos diplomas acreditativos da formación e contratación a 103 persoas pola Federación Provincial de Hostelería, cos 150.000 euros aportados polo Concello para emprego. Abel Caballero subliñou que, aproximadamente, o 70% dos participantes teñen hoxe un posto de traballo.
Xunto ao novo presidente de FEPROHOS, César Ballesteros, o alcalde de Vigo fixo entrega esta mañá dos diplomas acreditativos da formación con contratación percibida por 103 persoas, en virtude da achega de 150.000 euros aportada polo Concello para apoiar a xeración de emprego da Federación. Caballero salientou que o 70% dos participantes non poideron acudir á entrega por atoparse actualmente traballando.
Na edición de 2012 do Plan de Emprego Municipal, o goberno local acordou conceder 150.000 euros á Federación Provincial de Hostelería para axudar á contratación de 103 persoas do sector. Esta iniciativa, en marcha tamén este ano, tivo unha dotación económica en 2012 de 2,4 millóns de euros que propiciaron o emprego de 358 persoas. O investimento do Concello o pasado ano ascendeu a 22 millóns de euros, que conlevaron uns 3.800 postos de traballo vencellados, directa e indirectamente, á acción municipal.
Descargar todas as imaxes