Escoitar

O alcalde anima a encher As Travesas para apoiar ao Celta na semifinal da Liga Indoor

Caballero invitou este xoves á cidadanía a encher mañá o Pavillón das Travesas e apoiar ao Real Club Celta na consecución do pase á final da Liga de Fútbol Indoor. O encontro, ás 21 horas, medirá aos de Moncho Carnero contra o Oporto, equipo contra o que xa se enfrontou na fase de grupos, con derrota para os de Vigo.

xoves, 13 xuñ 2013
1371128516indoor.JPG
O Real Club Celta de Vigo enfróntase mañá venres ao Oporto nas semifinais da Liga Fertiberia de Fútbol Indoor, un encontro que terá lugar ás 21 horas no Pavillón das Travesas con entradas a 3 euros, 2 para os abonados celestes e de balde para menores de 12 anos.

Na presentación do encontro, o alcalde animou á cidadanía a encher o recinto e apoiar ao club vigués na consecución do pase á final contra un equipo co que xa mediu forzas na fase previa de grupos, con vitoria clara para os portugueses. O vencedor do encontro de mañá xogarase o título contra o gañador do Real Valladolid-Valencia CF, a outra semifinal.

O RC Celta de Vigo chega ás semifinais despois de ter eliminado nos cuartos ao Real Madrid, mentres que o Oporto deixou fora ao Fútbol Club Barcelona na mesma fase eliminatoria.

Na mesma tarde do venres, no pavillón municipal das Travesas, xogaranse varias competicións relacionadas co Futbol Indoor. Ás 16:00 horas xogarase unha competición afeccionado con equipos formados por membros do Concello de Vigo, da prensa local e da organización e patrocinadores do Futbol Indoor en Vigo. Como peche desta competición, o equipo formado por membros das penas celtistas, gañador do I Torneo Cidade de Vigo xogado o pasado 24 de maio, baterase en duelo con outros peñistas.

Ás 19:00 horas os protagonistas serán os rapaces das categorías inferiores do Celta de Vigo, que xogarán unha liguilla. Os dous equipos que pasen á final, disputarana ás 21:30 horas, no descanso do partido de semifinais entre o Celta e o Porto, ante un pavillón cheo de xente.

Puntos de venta de entradas
As entradas están á venda en Camelias Centro Comercial, Futgol (Lopez de Neira, 8), tendas Frutas Sol e taquilla do pavillón.

Horarios taquilla
- Jueves 13 de junio: de 16:30 horas a 20:30 horas
- Viernes 14 de junio: de 12:00 horas a 14:00 horas y a partir de 16:30 horas.
Descargar todas as imaxes