Escoitar

O rexedor eloxia o traballo do director de cine vigués Juan Pinzás na presentación de New York Shadows

A última película do director vigués Juan Pinzás estrénase mañá venres nos cines Gran Vía, unha boa oportunidade para "sentirnos orgullosos dun vigués que presenta as súas obras na súa cidade natal", dixo o alcalde. O director detallou características da que é o seu oitovo filme, ao tempo que o rexedor destacaba a súa capacidade artística e creativa.

xoves, 13 xuñ 2013
1371128632pinzas.JPG
Abel Caballero e Carmela Silva arroparon hoxe xoves ao director vigués Juan Pinzás na presentación da que é xa a súa oitava película. New York Shadows estrenarase mañá nas Salas Gran Vía, unha cita á que o rexedor invitou a toda a cidade porque é unha boa oportunidade para "sentirnos orgullosos dun vigués que presenta as súas obras na súa cidade natal". O alcalde aproveitou a rolda de prensa, na que tamén estivo presente a productora, Pilar Sueiro, para destacar a "capacidade de dirección e interpretación, porque é un dos grandes". Subliñou a capacidade creativa e artística deste Vigués Distinguido desde 2002, que xa dirixiu oito películas e unha veitena de cotometraxes.

Tal e como explicou o propio director, New York Shadows é un thriller sicolóxico e innovador, en español e inglés, que aborda as experiencias de Julián (Juan Pinzás), un cineasta español que chega a Nueva York a coñecer á actriz estadounidense que protagonizará a súa próxima película.
Descargar todas as imaxes