Escoitar

Inscrición no XIX Festival Folclórico Internacional

O Festival Folclórico Internacional, froito do convenio de colaboración entre a concellería de Cultura e Festas e a Asociación Cultural Interfolc, que chega á súa décimo novena edición, abre o prazo de solicitudes de actuacións, que terán lugar entre o 6 e o 11 de agosto. O festival inclúese na programación das Festas do Verán.

xoves, 13 xuñ 2013
O festival ten por obxecto fomentar, promocionar e achegar a cultura tradicional e o folclore popular á cidadanía, polo que ofértanse un número máximo de CINCO beneficiarios de actuacións para a presente edición.


Poderán inscribirse todas as entidades sen ánimo de lucro e demais persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

- Entidades non lucrativas de carácter sociocultural e veciñal que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións na data de presentación da solicitude.

- Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.

- Que conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos obxectivos establecidos nas presentes bases.

- Que dispoñan de estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesaria para o logro de tales obxectivos.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (praza do Rei, 1), dende o luns 17 de xuño ata o venres 28 de xuño ás 13:30 h, ambos inclusive.

Máis información