Escoitar

Caballero reclama unha "fronte común" en Bruxelas contra a devolución das bonificacións do tax lease

O alcalde trasladou este martes aos sindicatos a súa "enorme preocupación" pola posibilidade de que Europa obrigue á devolución de parte dos beneficios fiscais recibidos polo naval vigués en virtude do anterior tax lease. Caballero esixíu unha marcha común en Bruxelas contra unha decisión que podería ser "fatal".

martes, 18 xuñ 2013
1371556679naval.JPG
Despois dunha entrevista cos responsables do naval das tres principais centrais sindicais -UGT, CC.OO. e CIG-, o alcalde de Vigo asegurou estar "preocupado" polo que considerou un "golpe de man" do comisario europeo da Competencia, Joaquín Almunia, contra o naval de Vigo, un plan "secundado" polo presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, que é "coñecedor" do mesmo e "cómplice" polo seu silencio.

Caballero extendeu a responsabilidade desta situación ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a quen esixíu que convoque ás forzas políticas e ás institucións para facer "unha fronte común de inmediato, esta mesma semana, para actuar en Bruxelas e paralizar a decisión que pode estar tomando a Comisión", algo que podería ser "fatal" para o naval de Vigo, do que dependen "miles de empregos".
Descargar todas as imaxes