Escoitar

O alcalde recibe o apoio dos xóvenes empresarios e de entidades deportivas para concentración a favor do aeroporto de Vigo

O rexedor avanzou hoxe martes a "unanimidade absoluta" a favor da defensa do aeroporto de Vigo dos colectivos empresariais e deportivos cos que se reuniu esta mañá para analizar a situación da terminal. Reiterou o "apoio masivo" de toda á cidade á concentración a favor de Peinador convocada para mañá mércores na Porta do Sol.

martes, 18 xuñ 2013
1371556919aje.JPG
Representantes de AJE
Abel Caballero reiterou hoxe martes o "apoio masivo" que constata da cidadanía pola convocatoria da concentración en defensa de Peinador organizada mañá na Porta do Sol a partir das 20,30 horas. Continuando coa rolda de contactos con entidades da cidade, Caballero recibiu hoxe á Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), así como a un nutrido número de representantes de asociacións deportivas entre as que se atopaban o Racing de Castrelos FC; o Club Deportivo Nieto; o Rápido de Bouzas; o Club Ciclista Ría de Vigo; o Club Ciclista Vigués; o Seis do Nadal ; a delegación de Vigo da Federación Gallega de Atletismo; a Asociación Vigo en Xogo; o Baloncesto Lavadores e, por último, o Casablanca.

Logo destes encontros, o rexedor, ademais de constatar a "unanimidade absoluta" destas asociacións a favor da defensa do aeroporto, o alcalde explicou que moitos dos colectivos deportivos lle transmitiron que voan a través de Santiago porque os prezos de Vigo son elevadísimos a causa da competencia desdeal da Xunta de Galicia que financia vóos en Lavacolla. Insistiu en que o presidente autonómico quere "pechar o aeroporto de Vigo", advertindo, de que a cidade vai pasar por riba de todos os que traicionan este territorio.
1371556919aje.JPG
1371556996deportivas.JPG
Descargar todas as imaxes