9º Festival de Jazz IMAXINA SONS'13
A Concellería de Cultura e Festas organiza un ano máis o Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS'13, que chega xa á súa novena edición, e que se desenvolverá dende o 28 de xuño ao 6 de xullo en distintos espazos da cidade, con protagonismo especial do auditorio municipal do Concello (praza do Rei, 1) e a praza da Constitución. A presentación do programa completo en rolda de prensa terá lugar o venres 21 de xuño, coincidindo co Día Internacional da Música, e unha festa de presentación na noitiña na que actuará a cantante Verónica Ferreiro.
O pianista de orixe armenia Tigran será o encargado de inaugurar esta novena edición. O programa do festival inclúe as actuacións do grupo con base en Nova York Mostly Other People Do the Killing, considerado como o máis potente da escena mundial do jazz, e do acordeonista francés Richard Galliano, un dos nomes senlleiros do jazz continental.
A novena edición de Imaxina Sons afianza a súa aposta pola innovación musical en Europa, dando soporte ao jazz en Galicia e cunha presenza na cidade que se apoiará de novo nunha rede de espazos cubertos e ao aire libre. Crear novas audiencias e promover o jazz entre a cidadanía son obxectivos primordiais de Imaxina Sons. O festival presentará un programa de concertos e actividades que demostran o presente vital e o prometedor futuro do jazz. Precisamente o pianista de orixe armenia Tigran Hamasyan é o mellor expoñente das novas estrelas do jazz en Europa, sendo o encargado de inaugurar esta novena edición.
Entre as figuras destacadas do programa atópase a banda estadounidense Mostly Other People Do the Killing, que o 5 de xullo demostrará en Vigo porque crítica e público coinciden en considerar a súa proposta, marcada polo humor e a deconstrución do jazz, unha das máis destacadas do momento. Ademais, o festival ten a honra de contar en 2013 con Richard Galliano, o artista culpable de introducir o acordeón no circuíto jazzístico. A elegancia e o tango daranse a man co jazz no concerto que o francés ofrecerá o 6 de xullo en Vigo co seu proxecto "Tangaria Quartet".
Imaxina Sons continúa apoiando a creación musical na península, con especial atención á escena galega e viguesa, nun programa cuxos detalles se presentarán o venres 21 de xuño. Coincidindo co Día Internacional da Música, terá lugar unha rolda de prensa ás 11:00 h na Casa do Concello; e xa na noitiña, ás 21:00 h, terá lugar unha festa no Hipólito Bar (Avda. Castrelos, 26) coa actuación da cantante galega Verónica Ferreiro, que está a triunfar en todo o estado co seu disco "Laio".
O mesmo venres 21 de xuño comezará a venda anticipada de entradas a través de Servinova (www.servinova.com e teléfono 902 504 500).
Descargar todas as imaxes