martes, 18 xuñ 2013
O alcalde trasladou este martes aos sindicatos a súa "enorme preocupación" pola posibilidade de que Europa obrigue á devolución de parte dos beneficios fiscais recibidos polo naval vigués en virtude do anterior tax lease. Caballero esixíu unha marcha común en Bruxelas contra unha decisión que podería ser "fatal".
martes, 18 xuñ 2013
O próximo 11 de xullo remata o prazo para solicitar as sete vivendas de titularidade municipal de Navia que o Concello facilita a persoas afectadas por execucións hipotecarias na cidade. O obxectivo do goberno local é realoxar temporalmente a familias viguesas desafiuzadas, durante dous anos, sen ter que pagar aluguer.
martes, 18 xuñ 2013
A Concellería de Cultura e Festas organiza un ano máis o Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS'13, que chega xa á súa novena edición, e que se desenvolverá dende o 28 de xuño ao 6 de xullo en distintos espazos da cidade, con protagonismo especial do auditorio municipal do Concello (praza do Rei, 1) e a praza da Constitución. A presentación do programa completo en rolda de prensa terá lugar o venres 21 de xuño, coincidindo co Día Internacional da Música, e unha festa de presentación na noitiña na que actuará a cantante Verónica Ferreiro.
martes, 18 xuñ 2013
O vindeiro luns 24 de xuño, ás 20:30 h, terá lugar no auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música (rúa Manuel Olivié, 23), o concerto de clausura do Programa Sinfónico de Primavera da Orquestra VIGO 430, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.