Escoitar

O Concello adica a persoas con dificultades económicas 2.650.000 euros, "o maior programa social da historia"

O alcalde presentou hoxe "o maior programa social da historia da cidade", un importe de 2.650.000 euros para atender a persoas con dificultades económicas. Establecerase en dúas convocatorias: a primeira, dotada con 200.000 euros, destiñada a comedores sociais e bancos de alimentos e, a segunda, con 2.450.000 euros, para atención directa de familias de Vigo.

luns, 17 xuñ 2013
1371470217Imagen005.jpg
Abel Caballero deu conta hoxe venres da aprobación do "maior programa social da historia da cidade" para atender a persoas con dificultades económicas. Dotado con 2.650.000 euros, se divide en dúas convocatorias, das que a primeira está deseñada para comedores sociais e entidades que se adican á distribución de alimentos. Esta primeira fase ten un importe de 200.000 euros aos que se acccederá por concurrencia competitiva. Esta aportación, explicou o rexedor, superará a multiplicación por catro das achegas municipais que se outorgaban ata o de agora e que xa se duplicaron o ano pasado. Trátase, engadiu, da subvención máis alta das que se fan en ningunha cidade de España.

A segunda convocatoria, de 2.450.000 euros, está destiñada ás familias de xeito directo. Efecuarase nun único pago e poderán presentarse todos os vigueses que leven máis dun ano empadronados en Vigo, sempre que os ingresos familiares da unidade de convivencia familiar non sexan superiores ao salario mínimo interprofesional (645,30 euros) e que o importe da renda per cápita de cada un dos membros non supere os 150 euros. A cantidade dispoñible dividirase entre todos os solicitantes que cumpran os requisitos. Tal e como explicou o rexedor, esta axuda, ademais de apoiar ás familias, repercutirá de xeito xeralizado no comercio local.
Descargar todas as imaxes