Escoitar

O Concello valida o anteproxecto da "gran área deportiva e de auga" de Navia

Así o anunciou Abel Caballero despois da decisión da Xunta de Goberno Local celebrada este venres, onde tamén se aprobou a cooperación co XIII Open Internacional "O Marisquiño", os días 9, 10 e 11 de agosto, unha cita que congregará no centro da cidade a miles de persoas.

venres, 14 xuñ 2013
Abel Caballero deu conta da aprobación definitiva do anteproxecto de explotación para a xestión dos servizos públicos do novo centro deportivo de Navia. O goberno local convocará un concurso público e a empresa que obteña a concesión será a que constrúa as instalacións, cun investimento de 7,3 millóns de euros. As obras comezarán a finais deste ano e se prevé a súa posta en marcha a principos de 2015.

Estas novas dotacións deportivas, tal e como aprobou a Xunta de Goberno Local, construiránse na parcela contigua ao actual pavillón e preto do campo de fútbol. A edificación incluirá unha praza que unificará os accesos tamén ao pavillón existente na actualidade. As intalacións prevén 1.000 metros cadrados de agua, cunha piscina de 25 por 12,5, e 6 rúas de natación e zona wellness; outra piscina de aprendizaxe de 12,5 por 6 m, e unha terceira piscina activa con chorros de tratamento, camas de auga e jacuzzi. Tamén haberá zona wellness con sauna seca, baño de vapor. Tamén haberá 5 salas de actividades, 8 pistas de pádel, un campo de fútbol 7 de 58 por 35, ademais dunha pista polideportiva 40 por 20.

O Marisquiño
O Concello cooperará un ano máis coa posta en marcha do Open Internacional O Marisquiño, que este ano celebra a súa décimo terceira edición. Segundo aprobóuse hoxe venres na Xunta de Goberno, e cunha aportación de 40.000 euros, o goberno local colaborará para que os días 9, 10 e 11 de agosto todo Vigo poida disfrutar desta importante cita deportiva, que está incluída dentro da programación de festas do verán.

Biblioteca Neira Vilas
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde á contratación por procedemento aberto dos Servizos Bibliotecarios para o centro Municipal Neira Vilas, financiada no seu momento con fondos do Plan E e que funciona "con moito éxito". En verbas do rexedor, o prezo de licitación é de 818.310 euros por un contrato de tres anos, que comezará en marzo de 2014, cando remate o vixente.

A Biblioteca Neira Vilas ten 173.544 usuarios xerais e 34.906 no servizo de informática. O número de socios ascende a 6.895 e o de préstamos a 66.491. A cifra de persoas que participan nas 235 actividades que se organizan no centro é de 13.045 e, por último, os fondos da colección sitúanse en 11.647.