Caballero inaugurou un "road show" para divulgar e fomentar o uso do vehículo eléctrico
O alcalde presidiu este venres a apertura do "road show" que estará ata mañá na farola de Urzáiz, para dar a coñecer o vehículo eléctrico entre a cidadanía. Esta acción forma parte do proyecto Mobi.Europe de mobilidade sostible, liderado por Vigo e coa participación de cinco países europeos.
Abel Caballero explicou que o principal obxectivo destas xornadas é divulgar e fomentar o uso do vehículo eléctrico entre a cidadanía, destacando tamén a importancia das Tecnoloxías da Información e da Comunicación na información do estado de carga do coche e os puntos de recarga máis próximos.
As road shows forman parte do proxecto Mobi.Europe, liderado por Vigo coa participación de Portugal, Francia, Irlanda e Holanda, sedes que acollerán as próximas edicións. Os que se acheguen á farola de Urzáiz poderán tamén coñecer os servizos de car-sharing baseados en vehículos eléctricos implantados no ámbito desta iniciativa europea. Os asistentes terán á súa disposición un vehículo eléctrico para probar e información sobre os mesmos e os servizos asociados.
Caballero indicou que "en moi corto espazo de tempo teremos a ordenanza municipal" que regulará o uso dos vehículos eléctricos na cidade e, na mesma farola, presentouse por primeira vez e atópase a nova furgoneta comercial eléctrica de PSA, de fabricación viguesa, baixo o nome de Galicia.
Descargar todas as imaxes